Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
Unha semana dedicará Tim Atkin, o galardoado escritor de viños e Master of Wine, procedente de Reino Unido, a profundar os seus coñecementos nos viños, as adegas e a viticultura da D.O. Rías Baixas. Para iso percorrerá diferentes subzonas da denominación entre as que se atopan Condado do Tea, O Rosal e Val do Salnés. Contará cun amplo programa que lle permitirá visitar un total de 24 adegas, e completar o seu coñecemento con algunha reunión.
Esta visita iniciouse onte luns no Paz de Mugartegui, onde tras unha breve presentación do Consello Regulador catou un total de 17 marcas pertencentes a sete adegas. Destes viños, 10 pertencían á anada 2021, 1 á 2020, 3 á 2019, 2 á 2018 e un á 2017. O percorrido continuou pola subzona do Salnés, a que percorrerá durante varios días, para logo dedicar outras dúas xornadas a coñecer as áreas de Condado do Tea e O Rosal.
O mercado de Reino Unido ocupa a segunda posición das exportacións dos viños de Rías Baixas, superando xa o limiar dos 2 millóns de litros, concretamente con 2.273.718,99 litros e con 11.134.254 € en valor no pasado exercicio. Precisamente, nese mercado venderon un total de 83 adegas. Este país, que incrementou o seu volume en 2021 nun 6,8% e un 14,81% en valor, conta cun plan de promoción.
Tim Atkin
Tim é un galardoado escritor de viños e Master of Wine con 35 anos de experiencia. Escribe para varias publicacións, incluíndo Harpers, Decanter, The World of Fine Wine, Gourmet Traveller Wine e The Drinks Business e é un dos Tres Homes do Viño. Tamén é copresidente do International Wine Challenge, gañou máis de 30 premios polo seu xornalismo e fotografía e cura o seu propio galardoado.