Volver

01 de julio

La Añada 2021, calificada como «Buena» acaba de ser presentada en Barcelona

Os viños da anada 2021 da Denominación de Orixe Rías Baixas mostraron todas as súas calidades nun Túnel do Viño, organizado por este Consello Regulador en Barcelona o pasado mércores, 29 de xuño. 84 marcas de viño da anada 2021, pertencentes a 45 adegas, participaron neste túnel do viño que tivo lugar no Salón Domènech i Montaner do Hotel Casa Fuster de Barcelona, en sesión de mañá e tarde, e que congregou a 300 profesionais do sector catalán.

Catadores, distribuidores, hostaleiros puideron valorar unha gran variedade de marcas nas súas diferentes tipoloxías: viños monovarietales, blends,  viños con madeira… Unha anada, cuxa cualificación, “Boa”, acaba de darse a coñecer en Madrid esta mesma semana.

Barcelona foi a cidade elixida para esta posta de longo da anada 2021, posto que a última vez que se organizou un túnel destas características foi en 2017.