A Denominación de Orixe Rías Baixas finaliza a colleita 2019 con 32.401.591 quilos de uva


8 de novembro de 2019.- A campaña de vendima 2019 na D.O Rías Baixas finalizou cunha colleita de 32.401.591 quilogramos, procedentes das 21.872 parcelas que conforman a denominación e que suman un total de 4.051 hectáreas (8,4 máis que en 2018). Durante esta campaña produciuse unha baixada do 16%  do volume con respecto á vendima de 2018.  Os empresarios de Rías Baixas ven con preocupación a produción estimada de 22 millóns de litros de viño, dado que non chega a cubrir os niveis de venda dos últimos anos, pois nas adegas case non hai existencias de colleitas anteriores.

Desde o punto de vista técnico, a campaña de 2019 iniciouse o 28 de agosto e prolongouse ata o 11 de outubro. A súa longa duración denota que puido desenvolverse con total tranquilidade nun viñedo que se atopaba nun estado sanitario e vexetativo axeitado. Segundo especifica o órgano de Control e Certificación “a uva entrou nas adegas sana e con boas graduacións”.  Por iso pode preverse unha anada de calidade e moi aromática.  O director técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, explica que “os rendementos medios desta campaña situáronse en 7.997 kg/ha, se ben cabe resaltar que a media dos últimos dez anos situouse en 8.090 kg/ha, un valor moi cercano ao da colleita actual”.

Los 5.177 viticultores implicados na presente vendima recolleron 31.290.082 kg de variedade albariño, que representa o 96% da uva producida na denominación. Séguenlle a caíño branco, co 0,83%, e a treixadura co 0,67%. En canto ao reparto da produción por subzonas, a do Salnés é a principal produtora co 64%, seguida polo Condado do Tea co 21% e O Rosal co 9,5%.

Vinte e cinco auditores-veedores, que este año foron apoiados polos seis inspectores que contratou a Consellería de Medio Rural, controlaron as 162 adegas e velaron polo bo desenvolvemento desta vendima 2019, así como polo cumprimento do prego de condicións.

Ciclo vexetativo

O desenvolvemento do viñedo durante 2019 estivo marcado por unha adversa meteoroloxía que comezou motivando unha brotación moi rápida e irregular. Os cambios bruscos de temperatura durante os meses de marzo e abril ocasionaron certa ralentización no viñedo. Influíron negativamente os episodios de vento, que produciron danos nos primeros abrochos, así como a sarabia localizada nas subzonas do Codado do Tea, O Rosal e O Salnés que, a finais de abril, causaron prexuízos importantes en viñedos. As malas condicións meteorolóxicas non axudaron na floración e  purga. Como consecuencia, producíronse acios pequenos e pouco compactos debido ao corremento de flor. Ao final, a estabilidade climática durante agosto e setembro permitiu un envero en boas condicións e unha vendima tranquila.

PRODUCIÓN POR VARIEDADES E SUBZONAS (QUILOS)
 

 

O SALNÉS

CONDADO DO TEA

O ROSAL

RIBEIRA DO ULLA

SOUTOMAIOR

TOTAL

ALBARIÑO

20.708.859

6.518.519

2.546.164

1.457.409

59.131

31.290.082

LOUREIRA

3.615

48.126

139.600

-

-

191.341

TREIXADURA

2.781

172.421

37.778

6.279

-

219.259

CAIÑO BRANCO

10.460

-

257.250

4.365

-

272.075

TORRONTÉS

-

11.998

-

3.110

-

15.108

GODELLO

14.701

2.563

30.300

3.075

1.311

51.950

CASTAÑAL

-

-

8.976

-

-

8.976

CAIÑO TINTO

37.149

2.936

3.286

1.538

852

45.761

ESPADEIRO

14.745

24.311

1.497

-

-

40.553

LOUR. TINTA

2.884

167

-

-

171

3.222

BRANCELLAO

566

3.613

11.611

-

240

16.030

MENCÍA

15.376

50.771

800

14.347

918

82.212

PEDRAL

-

19.029

-

-

-

19.029

SOUSÓN

1.190

133.108

11.153

312

230

145.993

TOTAL

20.812.326

6.987.562

3.048.415

1.490.435

62.853

32.401.591