Tres prescriptores de Países Baixos visitan la D.O. Rías Baixas


4 de setembro de 2019.- A D.O. Rías Baixas acolleu esta semana a visita dun grupo de tres prescriptores procedentes dos Países Baixos, que estiveron acompañados por Germán Muñoz, de Terroir 34. Trátase dunha misión inversa que se atopa dentro do Plan Promocional de Rías Baixas. Estes tres profesionais centrados na sumillería, un deles profesor e os outros dous xornalistas especializados en viños, tiveron a oportunidade de visitar tres subzonas da denominación de orixe.

Neste momento no que o viñedo se atopa tan próximo á vendima, os tres profesionais visitaron seis adegas, que ultiman o seus preparativos para recoller a uva, repartidas nas subzonas do Condado do Tea, O Rosal e O Salnés. Unha oportunidade de probar viños de diferentes tipoloxías elaboradas nesta denominación. Ademais dos tradicionais albariños de Rías Baixas atopábanse tintos, escumosos, viños sobre lías…

Na actualidad o dos Países Baixos é un dos mercados exteriores máis relevantes para a D.O. Rías Baixas, que conta cun plan promocional específico. Holanda ocupa a cuarta posición no top-ten con 382.972 litros, mentres que Bélxica a décima con 138.603 litros. Das 182 adegas que pertencen a esta Denominación de Orixe, 109 xa están exportando os seus viños, o que supón un 60% do total.

Entre as actividades que se desenvolven nese territorio cómpre destacar seminarios en diferentes Écoles Hótelieres de Benelux, tamén en distintas delegacións da Vlaamse Wijngilde, considerada a maior alianza flamenca de catadores con 2.400 membros; así como o premio Rías Baixas ao mejor sumiller novo Promesa de Bélxica 2019.